20/4/08

La Maldición de Adán

Bryan Syker

"La Maldición de Adán"

Ed. Debate







Fai moito tempo, cando eu non era máis ca un montón incoloro de células, do tamaño dunha pepita de uva, pegado ao escuro interior do corpo da miña nai, ocurriu algo que cambió todo o curso da miña vida. Nas profundidades das miñas células, unha xorda detonación nun dos maus cromosomas puxo en marcha unha reacción en cadea imparable e irreversible. Unha nova forza xenética vibrou a través de todo o meu minúsculo corpo, activando un interruptor celular tras outro e corrixindo as coordenadas da miña viaxe embrionaria. De xeito imperceptible ao principio, grao a grao, foi desviándome da derrota normal do desenvolvemento. As células do meu corpo deixaron de lado un conxunto de instruccións xenéticas, despregando outro plan e puxéronse a traballar, alterando a miña pequena anatomía. Pecháronse de súpeto portas que se tiñan aberto a longos corredores que eu percorría, e xa non puiden volver atrás. Abríronse outras portas que me levaron noutra dirección diferente, descoñecida, que co tempo afastaríame de media humanidade. Sete meses e medio despois, fun expulsado do meu cálido fogar hacia a branca e cegadora luz do mundo. As primeiras palabras que oín definirían aquelo no que me tiña convertido: "É un neno".




Así comeza o prólogo deste interesante libro no que se ofrece un panorama exhaustivo dos estudios recentes sobre o futuro xenético masculino.

19/12/07

Zoología

V.V.A.A.
Biblioteca escolar Visor

Unha introducción breve aos principios básicos da zooloxía e aos principais grupos de animais

El creacionismo !vaya timo!

E. Carmena
Ed. Laetoli

Escrito como unha carta dirixida a un amigo que está caendo en mans dos creacionistas e das súas ideas, o libro vai repasando tódolos argumentos, trucos e mentiras que estes usan para intentar enganar á xente, todo elo nun ton desenfadado.

Cielito lindo

Elsa Rosenvasser Feher
Editorial Siglo XXI. Argentina

Qué son esas luces que se moven no ceo noturno? ¿Ou somos nos os que nos movemos? Si vemos sair e poñerse o sol tódolos días, ¿por qué decimos que é a Terra a que xira? Para coñecer este cielito lindo non fan falla supertelescopios nin computadoras, nin siquera anteollos. Elsa Rosenvasser Feher ensínanos a mirar cara arriba, a segui-los astros noite tras noite ou, con coidado, a recorre-lo celo diurno subidos ao carro do sol. No camiño, viaxamos xunto a Pitágoras, con Ptolomeo, con Copérnico, con Galileo Galilei.

¿Tenían ombligo Adán y Eva?

Martin Gardner

Ed. Debolsillo
O famoso divulgador desenmascara neste libro algúns pseudocientíficos, que defenden as máis estrafalarias ideas presentándoas como feitos demostrados científicamente.

El huevo y la gallina

Gabriel Gellon
Siglo XXI editores. Argentina

Un manual de intrucións para construir un animal, ou como partindo dunha célula de mamá e de papa chégase a un embrión e a un bebé sapo, bebé galiña ou bebé humán. Preséntase unha panorámica da "bioloxía do desenvolvemento", moi avanzada nos últimos anos, pero que aínda ten moitos misterios que aclarar.

Ahí viene la plaga

Mario Lozano

Colección "Ciencia que ladra..."
Siglo XXI editores. Argentina


Un virólogo nos relata, as veces como se fora unha novela de terror o que temos que saber ( e algo máis) sobre as enfermidades emerxentes e os virus e outros axentes que os provocan.

LISTA de libros recomendados

  • A DOUTRINA DO ADN. A Bioloxía como ideoloxía, Lewontin R.C., Laiovento
  • A quimera do xenoma humano, Lewontin R.C., Laiovento
  • Breve historia de casi todo, Bill Bryson, RBA
  • Cartas a Nuria sobre la historia de las ciencias, Parés Ramón, Ed. Almuzara
  • Ciencia para Nicolás, Chorda C., Ed. Laetoli
  • Doce grandes científicos, M. Villanueva, Ed. Lóstrego
  • El creacionismo, vaya timo, Carmena E., Laetoli
  • La aventura del ser vivo, la fascinante saga de la biología:¿que es la vida?, Joël de Rosnay, Gedisa
  • La doble hélice, Watson J. D.,Alianza
  • La especie elegida, Arsuaga J.L., Temas de Hoy
  • Las mentiras de la ciencia, Trocchio F, Alianza
  • Lo que Einstein le contó a su cocinero, Wolke R., Ma non troppo
  • Los impostores de la genética, Jordan B.,Península
  • Los premios IG Nobel. Cuando la ciencia hace reir, M. Abrahams., Ediciones B, S.A., 2004
  • Os xenes e o futuro humano, Soutullo D., Laiovento
  • Que é o cancro? unha resposta simplificada, Senra Varela A., Laiovento
  • ¿Cómo mojar una galleta?, Fisher L., Ed. Debolsillo
  • ¿Por qué el cielo es azul? La ciencia para todos, J. Fernández Panadero, Páginas de Espuma, 2003
  • ¿Qué nos hace humanos?, Ridley Matt, Punto de lectura